Guía Das Plantas de Galicia
García, Xosé Ramón
A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos pola súa contorna. O libro comeza cunha introdución xeral que trata da recolección, preparación e conservación das plantas, nomenclatura botánica, posibilidades que ofrece Internet e xeoloxía de Galicia. Contémplase a normativa legal actualizada sobre protección dos hábitats naturais e a listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia, que inclúe o "Catálogo galego de especies ameazadas", así como o "Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España". Ademais, en cada especie tratada indícase a categoría con que pode estar no devandito catálogo, así como a posible consideración de invasora pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Logo, aborda a obra as claves que permiten a determinación ata o nivel de especie ou subespecie, para entrar nas fichas
Ver más