As Cousas que Non Queremos Oír
Reimóndez, María
A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidadede tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súainfancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe comoxestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e avergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar quetanto detesta, onde coñeceu unha das persoas máis importantes da súavida: a súa amiga Saínza. Dende a súa liña de saída torta, Aurorabusca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido,concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazosdunha vida na que todo, en aparencia, está dentro do agardado. ", As cousas que non queremos oír ", explora o alleamento, oslímites do corpo e a enfermidade, os afectos e a busca das certezascando o mundo enteiro se esfarela. Porque de cando en vez a vida nosinterroga sen que poidamos atopar respostas definitivas, máis que aforza de afondar na nosa propia debilidade para renacer.Nesta nova entrega do ", Ciclo dos elementos ", , Reimóndezentrecruza os fíos das protagonistas de entregas anteriores cos deAurora para continuar creando un universo literario único no que aslectoras son quen de compoñer tamén a historia a partir de cada unhadas novelas independentes. Despois de ", En vías de extinción", , ", A música dos seres vivos ", e ", Dende oconflito ", , ", As cousas que non queremos oír ",transita unha nova forma de enfrontarse á migración e o desprazamentoe traza novas interaccións e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Saínza Combarro.
Ver más