¿Necesitas ayuda? Llámanos al 967 225 863
de LEDICIA COSTAS
de LEDICIA COSTAS
A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se podemedir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o serhumano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucircomportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da IIGuerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.Un animal chamado néboa é un libro de relatos onde a ficción seconstrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante oconflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque USSIndianapolis, os métodos de tortura da banda de criminais ao servizodo italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas enMauthausen ou a terrible misión do Enola Gay forman parte dalgunhasdas historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo edescarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, estaobra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoasen circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.