¿Necesitas ayuda? Llámanos al 967 225 863
de MORALEJO ALVAREZ, JUAN JOSE
de MORALEJO ALVAREZ, JUAN JOSE
Nunha nova edición ampliada e revisada polo autor, Editorial Galaxiapublicou en abril do 2005 As troitas, miñas señoras, de Juan JoséMoralejo. Un libro singular e de lectura diferente presentado por unlimiar de Carlos Casares e cun epílogo de Álvaro Cunqueiro. Asabedoría que deitan as páxinas de As troitas, miñas señoras, segundoas palabras de Carlos Casares, ten que ver coa vida miúda de todos osdías, con ese "saber antigo, vello de moitos séculos, que se resiste a desaparecer e reclama, con dereito e con razón, un lugar no mundo".Juan José Moralejo adobía o seu coñecemento e experiencia nos ríosgalegos cunha paixón de pescador vocacional que xamais perde de vistao lado humorístico das situacións. As aventuras e desventuras do autor nárranse, e "péscanse", directamente desde a beira satírica do río da vida. Nada escapa a ollada mordaz de Moralejo, nin a propia figura do autor. Un libro que nace coa intención de deixar ben clara aadmiración entolecida por ríos e troitas, canas e carretes. Alembranza dunha diversión coma a pesca leva ao autor a facerpartícipes aos lectores da diversión de recordar e revivir, a travésda literatura, eses momentos gozosos a carón dos ríos galegos.
0 valoraciones