¿Necesitas ayuda? Llámanos al 967 225 863
de BIANKI, DIEGO
En stock (sólo online)
Pídelo antes de 14 hrs y 57 mins y recíbelo el 03/10/2024 eligiendo envío 24 horas
de BIANKI, DIEGO
Pulgas, cans, parrulos, papagaios, gatos, moscas, coellos viven con nós xunto con milleiros de animais e de persoas.Se contamos os que viven no ceo e máis aló das nubes, no espazo,parece como se non houbera unha cifra na que puidésemos caber todos,como se cada parte dese inmenso número fose unha peza dunquebracabezas infinito. Mais, aínda que sexamos tantose parezamos tan distintos, hai algo no que somos iguais:TODOS SOMOS DIFERENTES. E aínda que non haxa un númerono que caibamos, hai unha palabra na que si nos podemos atopar:NÓS."Recuperar, reciclar e reutilizar" é o lema do autor á horade abordar o proceso artístico deste libro. Cun enfoque orixinal,utilizando caixas de cartón, pintadas e encaixadas comaun quebracabezas, Diego Bianki crea un mundo de diferentes identidades que, á súa vez, se interrelacionan. Con este sinxelo antídoto lúdicocontra a discriminación e a exclusión, Diego Bianki invita os lectores a xogar e a experimentar, a seguir sumando novas combinacións paraque cada quen constrúa o seu propio catálogo de identidades infinitas, facendo este quebracabezascada vez máis grande.
En stock (sólo online)
Pídelo antes de 14 hrs y 57 mins y recíbelo el 03/10/2024 eligiendo envío 24 horas