¿Necesitas ayuda? Llámanos al 967 225 863
de REDONDO, DOLORES
de REDONDO, DOLORES
Na derradeira e contundente novela da triloxía de Dolores Redondoambientada no Val do Baztán, topamos de novo coa inspectora AmaiaSalazar, da Policía Foral de Navarra, un dos personaxes máissingulares da novela negra publicada nos últimos anos. Outra voltacunha trama trepidante e estremecedora, a novela non deixa en ningúnmomento de causar sorpresa nos lectores e lectoras. A trama comezacando unha muller atopa sospeitosa a morte súbita da súa neta, aíndaun bebé de berce, dado o estraño comportamento do pai da nena, detidocando intentaba roubar o cadáver. Na trama entra tamén en xogo, da man da avoa, unha criatura máxica arraigada no val, chamada inguma, unser maléfico que é quen de durmir persoas ás que lles arrebata a vida. A ese feito engádese a circunstancia de que o bebé mostra unhasmarcas avermelladas no rostro que son indicio de sucesos irregulares.Pero tamén o asasino aparece morto na súa cela da cadea, logo dun coma inducido por unha droga. A inspectora Amaia Salazar e o seu equipodescobren as circunstancias irregulares dalgúns crimes parecidos quese produciron no pasado no propio val e a trama acelérase cara a unharesolución sorprendente para a que a inspectora debe enfrontarse áverdadeira orixe dos sucesos que marcaron tan decididamente o Val doBaztán.