¿Necesitas ayuda? Llámanos al 967 225 863
de REI BALLESTEROS, ANXO A.
de REI BALLESTEROS, ANXO A.
Trátase dun texto non definitivo, mais si completo e rematado, queAnxo Rei Ballesteros empezou a escribir a man en Codeso (Boqueixón) no mes de agosto do 2007 e que estaba a pasar a unha versión finalmecanoscrita cando a enfermidade lle impediu continuar. Tanto omanuscrito como a parte mecanografada foron profusamente corrixidaspolo autor, correccións que esta edición recolle. Na novela, un vellocóntalles a uns mozos a historia de Aurelio, que intenta fuxir dunhamorte segura, a mans duns falanxistas, pouco despois da sublevaciónmilitar de 1936. Rei Ballesteros aborda nela algunhas daspreocupacións principais da súa singular e inesquecible obraliteraria. A idea da identidade como máscara, o tempo e a linguaxecomo xeitos de expresión da incerteza da realidade. Entre ascaracterísticas literarias desta obra destaca o papel da oralidadecomo método narrativo, o autor opta pola palabra dinámica, achegada áfala, en prexuízo da lingua formalizada. En A noite do moucho, acomunicación oral é fundamental para facer da obra literaria un textono que o receptor atope, coma nun diálogo, a posibilidade departicipar, de cuestionar a verdade do escrito.