¿Necesitas ayuda? Llámanos al 967 225 863
de DEL MAZO FERNANDEZ, MARGARITA
En stock (sólo online)
Pídelo antes de 15 hrs y 49 mins y recíbelo el 03/10/2024 eligiendo envío 24 horas
de DEL MAZO FERNANDEZ, MARGARITA
Feroz, o lobo,pasara a noite todadeambulando polo bosque.Andaba tan atarefadoque nin tempo tivera de lle ouvear á lúa,cousa imprescindible na vida dun lobo.Cando esperta, Feroz, arránxase e sae a toda présa en busca deCarapuchiña. Pasa pola casa da avoa, da nai e finalmente pola dos tres porquiños. Pero, non só non dá con ela, senón que polo camiño recibeinsultos, guíndanlle unha xerra de auga e ata un ladrillo. Ferido,coxo e con fame de lobo, adéntrase no bosque, onde por fin a atopa.Con tino, achégase a ela, mais Carapuchiña asústase e, ao berrar, uncazador dispara a Feroz, que bate co corpo no chan...Nesta nova colaboración con OQO editora, Margarita del Mazo confesaescribir esta historia "para reconciliarse cos personaxes do conto",posto que non lle gustaba nada, e aínda menos cando a súa nai engadía: "Iso ocorreulle a Carapuchiña por non obedecer á súa nai!". A autoracéntrase no personaxe do lobo, un lobo que, empeñado en atopar aCarapuchiña, tópase co menosprezo de todos os que se lle cruzan nocamiño. A súa mala fama inxustificada, polo menos neste conto,perségueo.Rapidamente, o lector decátase de que as aparencias enganan e de que é aconsellable poñer en dúbida as ideas preconcibidas xa que, moitasveces, poden facernos pensar de modo equivocado. É convinteevolucionar co devir do tempo, como argumenta a autora, que taméncambiou o seu punto de vista sobre o conto orixinal: "Esta forma depensar mudou coa idade. E agora fascíname este personaxe. Gústanmetodas as Carapuchiñas diferentes: as espertas, as descaradas, as quesaben enganar os lobos...".Atraída pola liberdade que lle brinda o texto, a ilustradora LeireSalaberria, na súa terceira colaboración con OQO editora, ofrécenosunha proposta plástica pensada coma se fose unha curtametraxe deanimación, que nos permite seguir o protagonista ao longo da historiae participar de todo o que lle vai acontecendo.Unha paleta de acrílicos en tons fríos fai alusión ao mundo de Feroz,que contrasta coas cores máis calidas, como as vermellas e as fucsias, reservadas para o mundo de Carapuchiña. As cores amarelas aportan"ese punto de loucura onde todo é bastante surrealista", apunta ailustradora, que afirma tamén gozar creando personaxes con formas deprantas e rochas, que non aparecen na narración escrita. O seuparticular punto de vista móstranos un lobo máis humano (vive nunhacasa, conduce, cociña, pasa o ferro...), e a unha Carapuchiña "máislobuna", non en balde a súa carapucha ten orellas.Texto e imaxe, tinguidos de humor, de suspense e dun punto de terror,parten dun conto tradicional para afastarsedel e conducirnos cara un desenlace doce e aberto, co que os lectoresmozos gozarán de cada detalle da historia.A ilustradora recibiu a mención de honra polas ilustracións desta obra durante a feira do libro dos EmiratosÁrabes 2014: Sharjah International Book Fair.
En stock (sólo online)
Pídelo antes de 15 hrs y 49 mins y recíbelo el 03/10/2024 eligiendo envío 24 horas