¿Necesitas ayuda? Llámanos al 967 225 863
de BLANCO AMOR, EDUARDO
de BLANCO AMOR, EDUARDO
Galaxia recupera na súa colección Memoria unha parte moi importante do labor xornalístico de Blanco Amor. Artigos en "La Nación" inclúe unha escolma das crónicas publicadas polo autor d¿A Esmorga entre 1929 e1936 no diario arxentino La Nación, un testemuño privilexiado daGalicia daquel tempo. O Diario La Nación era unha das cabeceiras máisprestixiosas da República Arxentina naquela época. Nel Blanco Amorpublicou unha serie de crónicas arredor de temas políticos eculturais, amais das que dedicou ás súas viaxes por Galicia, entreelas a reportaxe sobre a súa famosa travesía a bordo do pesqueiroNorita, que logo tamén daría pé ao seu Poema en catro tempos. A prosaliteraria de Blanco Amor adáptase perfectamente ao formatoxornalístico sen perder riqueza nin orixinalidade, conservando tamén a "tensión do oficio" propia dos medios de comunicación.